A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 361/2013, interposto por Silvia Colmenero Guzmán contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 12 de febreiro de 2012, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde da Consellería de Facenda, do 28 de novembro de 2012, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública