Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29811

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 9 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.

Pola Orde do 3 de maio de 2013 (DOG nº 99, do 27 de maio), anúnciase a convocatoria, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se detallan no anexo desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería, do 3 de maio de 2013, e designar as persoas cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocuparen os postos que tamén se especifican.

Segundo. Segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o cesamento no actual destino das persoas que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, o segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días a partir do día seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde presta actualmente servizos o/a traballador/a, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos ao/á interesado/a. No caso de baixa por incapacidade temporal, iniciarase o cómputo a partir da data da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderan interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes, contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Datos persoais:

Apelidos e nome: Enríquez Morales, Javier.

DNI: 33228383-F.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde-Grupo técnico da función administrativa.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Réxime Xurídico.

Código do posto: SAS050000315770007.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos persoais:

Apelidos e nome: Afonso Barral, María del Mar.

DNI: 35461658-M.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde-Grupo técnico da función administrativa.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Recursos e Reclamacións.

Código do posto: SAS050000315770010.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.