Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2013 pola que se dá traslado do emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/26/2013, devolto polo servizo de Correos por non poder practicarse a notificación á interesada.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a María Santorum Rodríguez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/26/2013, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar e unha edificación auxiliar que se levan a cabo no lugar de Pedrouzos, Bendoiro, no termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística