Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da subministración do equipamento microinformatico para centros educativos no marco do proxecto Abalar, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 47/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 47/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración do equipamento microinformático para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, integrados no proxecto Abalar.

b) División por lotes e número: si, 6.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 2 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que hai que subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación nunha ubicación centralizada.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.450.750,00 euros, máis 514.657,50 euros que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.965.407,50 euros (dous millóns novecentos sesenta e cinco mil catrocentos sete euros con cincuenta céntimos), que se divide segundo os lotes:

– Lote 1: ordenador ultraportátil.

Mínimo de unidades: 6.000.

Prezo unitario máximo: 275,00 €.

Orzamento de licitación: 1.650.000,00 € + IVE (346.500,00 €) = 1.996.500,00 €.

– Lote 2: ordenador portátil.

Mínimo de unidades: 100.

Prezo unitario máximo: 600,00 €.

Orzamento de licitación: 60.000,00 € + IVE (12.600,00 €) = 72.600,00 €.

– Lote 3: vídeo proxector.

Mínimo de unidades: 200.

Prezo unitario máximo: 830,00 €.

Orzamento de licitación: 166.000,00 € + IVE (34.860,00 €) = 200.860,00 €.

– Lote 4: encerado dixital interactivo (EDI/PDI).

Mínimo de unidades: 225.

Prezo unitario máximo: 720,00 €.

Orzamento de licitación: 162.000,00 € + IVE (34.020,00 €) = 196.020,00 €.

– Lote 5: armario de carga.

Mínimo de unidades: 150.

Prezo unitario máximo: 1.405,00 €.

Orzamento de licitación: 210.750,00 € + IVE (44.257,50 €) = 255.007,50 €.

– Lote 6: rede wifi.

Mínimo de unidades: 200 puntos de acceso xestionados trimodo e 2 unidades módulos controlador (non é posible ofertar máis de dúas unidades de módulos controlador).

Prezo unitario máximo dos puntos de acceso xestionados trimodo: 800,00 €.

Prezo unitario máximo dos módulos controlador: 21.000,00 €.

Orzamento de licitación: 202.000,00 € + IVE (42.420,00 €) = 244.420,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19260

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 17.8.2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.

2) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 15.5.2013.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 17.7.2013.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia