Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29317

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de xuño de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos e entrevista, de dous postos de supervisor/a de unidade para a Xerencia de Cervo no Hospital da Costa.

A Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e logo da autorización da Dirección Xeral de Recursos Humanos resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de méritos e entrevista de dous postos de supervisor/a.

Un posto de supervisor/a da Unidade de Reanimación e outro posto de supervisor da Unidade Xeral, ambos os dous postos desenvolveranse na Xerencia de Cervo no Hospital da Costa.

A citada convocatoria estará exposta no taboleiro de anuncios do Hospital da Costa, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes deberán dirixirse ao xerente executivo de Cervo (Hospital da Costa), poderán presentarse no rexistro do Hospital ou a través de calquera dos procedementos establecidos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tendo de prazo quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

Burela, 10 de xuño de 2013

Antonio García Quintans
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos