Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29316

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Montserrat Fernández Val.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 392/2013 (procedemento de dereitos fundamentais), interposto por Montserrat Fernández Val, contra a Resolución do 30 de abril de 2013 (DOG do 14 de maio) da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde.

Impúgnase o número 2 do anexo IV da convocatoria, baremos, referido a experiencia profesional, ao considerar os recorrentes que a puntuación outorgada á experiencia profesional nos centros públicos é desproporcionada con respecto á outorgada aos centros concertados, polo que se solicita a súa nulidade.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos