Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2013/69-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalacións eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial A Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTS, CT, RBT edificio Promas Cahl.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 330 metros de lonxitude, con orixe no CT existente edificio Condado e final no CT proxectado edificio Promas Cahl. Centro de transformación de 630 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado na planta baixa do edificio, rúa Castelao, Salvaterra de Miño. Tres redes de BT subteráneas cunha lonxitude total de 114 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 18 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra