Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29302

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de xuño de 2013 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 27 de xuño de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de xuño de 2013, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Na vixente relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, suprímense os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario

Código do posto

Denominación

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA/DIRECCIÓN

CENTRO DE DESTINO: D. X. DA AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

MA.K01.00.000.15770.075

AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

CENTRO DE DESTINO: S.X. DA AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

MA.K01.00.001.15770.040

XEFATURA DE SERVIZO DE INSPECCIÓN DO LITORAL

MA.K01.00.001.15770.060

XEFATURA DE SERVIZO DE DITAMES E INFORMES