Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29304

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 24 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 15.1 da Orde do 24 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas.

Crédito orzamentario inicial de 256.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 5001.413A.481.21 e código de proxecto 201200034.

No que se refire aos beneficiarios, importe e finalidade: véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Orde

Entidade

Programa

Contía programa

1

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos III

40.000 €

2

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos I

40.000 €

3

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio ao tratamento, social e laboral ao drogodependente

40.000 €

4

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos II

40.000 €

5

Asociación Abeiro

Programa piso de apoio residencial

32.000 €

6

Asociación Atox

Piso de acollida para a incorporación social

32.000 €

7

Asociación Madro

Centro de apoio a procesos terapéuticos

32.000 €