Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 28988

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de xullo de 2013 pola que se suspende a Orde do 28 de novembro de 2012 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia, no referente á oferta do posto de traballo número 647.

Primeiro. Por Orde do 28 de novembro de 2012 (DOG nº 230, do 3 de decembro) convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia.

Practicáronse as actuacións previstas nas bases do concurso ata a publicación das listas definitivas de admitidos (DOG nº 75, do 18 de abril de 2013), e está pendente de publicación a resolución pola que se aproban as puntuacións provisionais dos participantes.

Segundo. O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, na peza de medidas cautelares do procedemento abreviado número 200/2013, ditou Auto do 26 de abril de 2013 no que declara «procede a adopción da medida consistente na suspensión cautelar da vixencia da orde impugnada unicamente no referente á oferta do posto de traballo incluído no anexo I da dita orde co seguinte código identificativo: PE.C99.10.000.15001.006, posto 647 da RPT. A dita medida manterase mentres non recaia sentenza firme no presente procedemento, a menos que antes proceda a súa modificación ou revogación, se se revela causa para iso».

O dito auto pende da resolución do recurso de apelación que foi admitido con efecto devolutivo –non suspensivo–.

Dando cumprimento ao ordenado, cómpre:

Suspender a vixencia da Orde da Consellería de Facenda do 28 de novembro de 2012 unicamente no referente á oferta do posto de traballo número 647:

Posto

Código do posto

Nv.

C. espe.

euros

AB

Corpo/escala

Cons-

Denominación do posto

Centro de destino

Conc.

Titulacións requeridas

Puntuación mínima

647

PE.C99.10.000.15001.006

20

7097.44

A

Especial

AXG

Posto base subgrupo A1

Xefatura Territorial da Coruña

15001

Lic. Biológicas, Lic. Ciencias del Mar

6.500

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda