Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de xestión de servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Las, en San Amaro, Punxín (Ourense).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos en réxime de concesión, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: xestión de servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Paque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Las, en San Amaro, Punxín (Ourense).

c) Prazo de execución: desde o 1 de setembro de 2013 ou, no seu defecto, desde o día seguinte á sinatura do contrato, ata o 30 de setembro de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 603.305,79 €.

IVE (21 %): 126.694,21 €.

Importe total: 730.000,00 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2013: 120.000,00 €.

2014: 190.000,00 €.

2015: 170.000,00 €.

2016: 150.000,00 €.

2017: 100.000,00 €.

5. Garantías:

a) Provisoria: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19224

Información de índole administrativa: teléfono 981 54 48 71.

Información de índole técnica: teléfono 981 54 65 92 arqueoloxia@xunta.es

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o trixésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de anticipación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria