Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública das instalacións eléctricas Parque 220 kV da nova subestación de transporte de Fontefría (expediente IN407A 2013/112-4) e Liñas aéreas de transporte Pazos-Fontefría e entrada e saída en Fontefría da LAT Pazos-Suído (expediente IN407A 2013/113-4) e o estudo de impacto ambiental conxunto para as citadas instalacións. Concellos afectados: Covelo e Pazos de Borbén.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública as peticións formuladas por Red Eléctrica de España, S.A.U., con domicilio social en Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, La Moraleja, 28109 Alcobendas, Madrid.

1. Solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública para as seguintes instalacións:

– Parque de 220 kV da nova subestación de transporte de Fontefría, expediente IN407A 2013/112-4, no concello de Covelo.

– Liña aérea de transporte 220 kV Pazos-Fontefría (entrada na subestación de Pazos da LAT Pazos-Cartelle, desde o apoio T94) no concello de Pazos de Borbén e entrada e saída en Fontefría da LAT Pazos-Suído, no concello de Covelo, expediente IN407A 2013/113-4.

O órgano competente para resolver o procedemento, neste caso, será a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria.

2. Solicitude de declaración de impacto ambiental para as instalacións descritas en el número 1.

O órgano competente para resolver o procedemento, neste caso, será a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

– Situación: Covelo e Pazos de Borbén.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura nos anexos I e II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

Tamén durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados.

No mencionado prazo poderase examinar nesta xefatura territorial os proxectos das instalacións descritas no número 1 e o estudo de impacto ambiental.

O estudo de impacto ambiental estará, ademais, exposto ao público na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra e nos concellos de Covelo e Pazos de Borbén.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 28 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados subestación Fontefría (expediente IN407A 2013/112-4)

Os organismos oficiais inclúense con carácter informativo e para os efectos dos puntos 2 e 3 do artigo 149 do Real decreto 1955/2000.

T.M. Covelo (Pontevedra).

Parque 220 kV.

Parcela proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Superficie
parcela (m2)

Ocupación pleno dominio subestación (m2)

Ocupación pleno dominio acceso (m2)

Natureza do terreo

1

Comunidade de veciños de Maceira

36013A082000060000WR

82

6

421967

17138

0

Matogueira

2

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Godóns

36013A082000070000WD

82

7

984358

2154

0

Matogueira, piñeiral madeireiro, improdutivo

3

Espino González, Dolores
Concello de Covelo

36013A082090040000WI

82

9004

1333

433

0

Vía de comunicación de dominio público

Reposición de camiños para uso público.

Parcela proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Superficie parcela (m2)

Ocupación pleno dominio subestación (m2)

Ocupación pleno dominio acceso (m2)

Natureza do terreo

1

Comunidade de veciños de Maceira

36013A082000060000WR

82

6

421967

1047

 

Matogueira

2

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Godóns

36013A082000070000WD

82

7

984358

759

 

Matogueira, piñeiral madeireiro, improdutivo

Esta relación de bens e dereitos confeccionouse sobre a base de datos en poder da Direccion Xeral do Catastro.

ANEXO II
Relación de bens e dereitos de liña aérea e accesos (expediente IN407A 2013/113-4)

Os organismos oficiais inclúense con carácter informativo e para os efectos dos puntos 2 e 3 do artigo 149 do Real decreto 1955/2000.

T.M. Covelo (Pontevedra).

Parcela proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Servidume voo (m2)

Zona de seguridade (m2)

Apoios

Sup. apoios e anel de terra (m2)

Sup. corta (m2)

Ocupación temporal (m2)

Acceso ao apoio

Servidume de paso (m2)

Natureza do terreo

1

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Godóns

36013A08200007

82

7

47.551

10.020

T_40_Suido; T_41_Suido

298

86

5.103

T_39

7.262

Improdutivo, matogueira, piñeiral madeireiro, arboredo

3

Caja Pagadora Ii del Magrana

36013A08209003

82

9003

564

50

-

-

-

-

-

-

Hidrografía natural (río, regueiro ...), lagoa

4

Comunidade de veciños de Maceira

36013A08200006

82

6

9.937

3.372

T_40_Pazos; T_41_Pazos; T_42_Suido

534

514

4.681

T_40

3.204

Matogueira, arboredo

6

Espino González, Dolores

36013A08209005

82

9005

121

34

-

-

-

-

T_42

585

Vía de comunicación de dominio público

7

Comunidade de veciños de Maceira

36013A08300420

83

420

18.484

5.063

T_42_Pazos

198

1.649

4.849

T_42

3.895

Improdutivo, matogueira, piñeiral madeireiro, arboredo

7-2

Cortiñas Barco, José

Benítez Sousa, María Argentina

36013A08300360

83

360

-

-

-

-

-

-

T_42

43

Matogueira

7-6

Estado Ministerio de Fomento

36013A08309006

83

9006

-

-

-

-

-

-

T_42

333

Vía de comunicación de dominio público

7-8

Alonso Gregores, Hortensia

36013A08300353

83

353

-

-

-

-

-

-

T_42

101

Piñeiral madeireiro

7-13

Estado Ministerio de Fomento

36013A08309007

83

9007

-

-

-

-

-

-

T_42

894

Vía de comunicación de dominio público

T.M. Pazos de Borbén (Pontevedra).

Parcela proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Servidume voo (m2)

Zona de seguridade (m2)

Apoios

Sup. apoios e anel de terra (m2)

Sup. corta (m2)

Ocupación temporal (m2)

Acceso ao apoio

Servidume de paso (m2)

Natureza do terreo

1

Gas Natural SDG, S.A.
M.V.M.C. de Nespereira Pazos de Borbén

36037A02101165

21

1165

388

636

0

0

313

3214

0

0

Matogueira, arboredo

Esta relación de bens e dereitos confeccionouse sobre a base de datos en poder da Direccion Xeral do Catastro.