Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 40/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LAT 66 kV DC Mesón/Eirís-Sabón/Eirís (variante entre apoios 7/2 e 10).

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramo 1. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 134,06 m, coa orixe no apoio nº 7/2 (existente), condutor dobre circuíto 147-AL1/ST1A (LA-180) e final en novo apoio 8/1.

Tramo 2. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 141,20 m, coa orixe no novo apoio nº 8/1, condutor tipo simple circuíto 147-AL1/ST1A (LA-180) e final en apoio 10 (existente).

Tramo 3. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 46,84 m, coa orixe no novo apoio nº 8/1, condutor tipo simple circuíto 147-AL1/ST1A (LA-180) e final en novo apoio 9/1.

Tramo 4. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 45,29 m, coa orixe no novo apoio nº 9/1, condutor existente tipo simple circuíto aluminio-acero 18.2 e final no apoio nº 2 (existente).

Tramo subterráneo. Liña de alta tensión subterránea a 66 kV, cunha lonxitude de 543 m, coa orixe no apoio PAS 8/1 proxectado, condutor tipo RHZ1 36/66 kV 1×630 mm² Al, e final en cámara de empalme E1 (existente).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o medio ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña