Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28693

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre instalación de fosa de zurro en Vilarmao.

Antonio Sufuentes Castro solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de fosa de zurro que se situará en Vilarmao (Vilarmao). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Guntín, 10 de xullo de 2013

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde