Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28694

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o 12 de maio de 2011, aprobou inicialmente a modificación puntual número 4 do PXOM, o que, de acordo co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, se expón ao público durante un prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, para os efectos de alegacións ou reclamacións.

O expediente estará á disposición dos interesados na oficina de Urbanismo do concello.

A Illa de Arousa, 28 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde