Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28613

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2013, do presidente da Axencia Galega de Innovación, pola que se designa a persoa titular da Área de Financiamento para exercer a competencia da Dirección da Axencia nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do seu titular.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro), establece e regula as funcións e competencias da Dirección como órgano executivo da Axencia, pero non establece normas de suplencia do seu titular.

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, establece no seu artigo 74.2 que o réxime xurídico interno das axencias públicas autonómicas se regula polo dereito administrativo. O artigo 12 da mesma norma sinala que os titulares dos órganos administrativos poderán ser suplidos temporalmente nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade por quen designe o órgano competente para o nomeamento daqueles. Se non se designa suplente, a competencia do órgano administrativo será exercida por quen designe o órgano administrativo inmediato superior do que dependa.

Ao obxecto de que a ausencia, vacante ou enfermidade da persoa titular da Dirección da Axencia non incida no seu normal funcionamento, de conformidade coas facultades que me confire o Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPOÑO:

Designar a persoa titular da Área de Financiamento para exercer a competencia da Dirección da Axencia nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do seu titular.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

Francisco José Conde López
Presidente da Axencia Galega de Innovación