Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de construción dun punto limpo nos concellos de Fene e Cabanas.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 1/2012 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17429

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de construción dun punto limpo nos concellos de Fene e Cabanas.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 223.602,74 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 223.602,74 €. Importe total: 263.851,23 €.

6. Financiación: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007/2013. Eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11.6.2013.

b) Data de formalización do contrato: 25.6.2013.

c) Adxudicatario: Francisco Gómez y Cía., S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 199.006,44 €; Importe total con IVE: 240.797,79 €.

Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral tecnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas