De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.
Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013
Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción denunciada Data; hora; estrada; p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
DX-00068-I-2013 NA-4774-AF Axente de inspección DX/004 |
Árias Logística y Transporte, S.L. B27288521 Rúa Yáñez Rebolo, 35 27004 Lugo |
Exceso de peso sobre a m.m.a superior ao 25 % en vehículos de ata 10 Tm. Exceso de peso superior ao 35 %. 21.5.2013; 9:23:59; N-VI; 543,800 |
Art. 140.19 LOTT. Art. 197.19 ROTT |
Art. 143.1.h) LOTT. Art 201.1.h) ROTT |
4.600 |
DX-00069-I-2013 PO-9321-BN Axente de inspección DX/004 |
Transportes Gallegos Petroquímicos, S.L. B36143378 Agustín Romero, 50 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) |
Exceso de peso sobre a m.m.a superior ao 2,5 % ata o 6 %, en vehículos de máis de 20 Tm. Exceso de peso superior ao 5 %. 21.5.2013; 12:43:56; N-VI; 543,800 |
Art. 142.2 LOTT. Art. 199.2 ROTT |
Art. 143.1.c) LOTT. Art. 201.1.c) ROTT |
381 |