Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública do Concello de Lalín relativo ao expediente para a obtención da licenza de obra e provisional de actividade para a ampliación de explotación de porcino no lugar de Casas Novas, parroquia de Goiás, Lalín (Pontevedra). Expediente 7166/13, tramitado por instancia de Manuel Fernández Failde.

Por instancia de Manuel Fernández Failde o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra e provisional de actividade para a ampliación de explotación de porcino no lugar de Casas Novas, parroquia de Goiás, Lalín (Pontevedra), expediente 7166/13.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas, e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 25 de xuño de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo