Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28491

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación de competencias delegadas en materia tributaria do Concello de Carral.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de marzo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«30. Aceptación da ampliación de competencias en materia tributaria do Concello de Carral na xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Carral en relación coa seguinte materia:

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións e interese xeral. A xestión que pode ser obxecto de delegación, tanto pode afectar o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 15 de abril de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011 Secretario da Diputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña