Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28493

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación de competencias delegadas en materia tributaria do Concello de Cabana de Bergantiños.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de abril de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«33. Aceptación da ampliación de competencias en materia tributaria do Concello de Cabana de Bergantiños, xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Cabana de Bergantiños en relación coa seguinte materia:

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación, levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme co establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidencia Provincial da Coruña