Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 25 de xuño de 2013 de non someter o Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo, do concello de Ourense, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo, do concello de Ourense, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1541/2013.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental