Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28183

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO de información pública relativo a un comercio de maquinaria de xardín na Pobra de San Xiao.

David López López solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a implantación de actividade comercial de maquinaria de xardín en baixo comercial que se situará na rúa Río Neira 2, baixo 3 B, A Pobra de S. Xiao, Láncara, cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, a fin de que durante el –que comenzará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Láncara, 17 de xuño de 2013

Eladio Capón López
Alcalde