Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de carpintaría.

Carpintería Cerqueiro, S.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dun taller de carpintaría de madeira nunha nave situada nas parcelas F27 a F37 do polígono industrial de Alvedro, da parroquia de Almeiras. O expediente sométese á información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Culleredo, 18 de xuño de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo