Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28193

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se fai pública a formalización dun contrato.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº expediente: CGSIB/001/13/XSP-CONC-CD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada do gasto.

Denominación do concurso público: xestión do servizo público asistencial, en réxime de concesión, do centro de día e fogar residencial de Vilar de Barrio.

Importe de adxudicación: 858.318,03 €, IVE incluído.

Adxudicatario: Troncoso Casares, S.L.

Data de formalización do contrato: 31.5.2013.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: a súa oferta técnica é a máis adaptada á rede de centros do Consorcio e mais á contorna do centro e as entidades sociais desta sen perder de vista o proxecto técnico funcional.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar