Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28194

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativa del Campo San Miguel de Reinante en extinción

ANUNCIO polo que se fai público o proceso de extinción da cooperativa.

Na asemblea xeral extraordinaria do día 18 de maio de 2013 acordouse, entre outras cousas e por unanimidade, iniciar o proceso de extinción da cooperativa e o nomeamento de liquidadores nas persoas que forman o consello reitor.

Os liquidadores tomaron nota do activo existente e propoñen a seguínte repartición:

Saldo en Nova Galicia Banco: 7.262,31 €

Devolución achegas socios: 1.278,00 €

Liquidación de beneficios aos socios: 1.789,00 €

Achegas á comunidade: 3.000,00 €

Inscrición de liquidadores: 4,87 €

Publicación no DOG: 243,90 €

Idem. en El Progreso: 638,88 €

Escritura pública de extinción: 140,00 €

Inscrición no Rexistro de Cooperativas: 4,87 €

Saldo final: 162,79 €

Así pois, os socios deberán contactar co tesoureiro Lorenzo Penabad Bolaño no prazo máximo de dous meses (contados a partir da publicación deste documento no DOG) co obxecto de que lles faga efectivas as cantidades que a cada un lle corresponden.

Así mesmo, calquera persoa ou entidade poderá, no devandito prazo de dous meses, presentar as reclamacións ou impugnacións que considere oportunas. Transcorrido este prazo e resoltas, de ser o caso, as reclamacións ou impugnacións, considerarase aprobado todo o exposto anteriormente.

San Miguel de Reinante, 21 de xuño de 2013

Juan Rodríguez Penabad

José Luis Iravedra Vila

77592132E

33843312P

Liquidador

Liquidador