Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT derivada Remesar II, no concello de Bóveda (expediente 007/2009 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, suministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Remesar II.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 2.682 metros, con orixe en apoio metálico existente da LMT MOF8025011, en condutor LA-56 e final no apoio metálico existente (nº 19 no proxecto) sobre apoios de formigón (8) e metálicos (10).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, ronda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puider realizar e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954

Lugo, 25 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietrios, bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Paraxe

Cultivo

Propietarios

Afección

Nº predio

Polg.

Parc.

Nome e apelidos Enderezo

Apoio

Voo

m2

ml. aér.

m2 aér.

1

41

474

O Toxedo

Monte alto

– Julio López Copa

r/ Marqués de Quintanar, nº 27-4º I, 36300 Baiona, Pontevedra

3.0

51

11

38

672/675

Caroceiros

Monte alto

– Edelmira González Méndez

r/ Curros Enríquez, nº 17-1º, 27600 Sarria, Lugo

3

2.0

125.0

1.995

14

38

706

Piteiro

Monte alto

– Julio López Cpa.

r/ Marqués de Quintanar, nº 27-4º I, 36300 Baiona, Pontevedra

20.0

312

21

38

551

Coiñal alto

Monte baixo

– Encarnación Copa López

r/ Cangas, nº 6-3º D, 36209 Vigo, Pontevedra

7(½)

1.0

48.0

494

27

38

585

Coiñal

Piñeiral

– José Antonio López Álvarez y Hnos.

Ribeira, 6, Teilán, 27340 Bóveda, Lugo

75.0

920

29

38

583

Coiñal

Piñeiral

– Edelmira González Méndez

r/ Curros Enríquez, nº 17-1º, 27600 Sarria, Lugo

9(½) e 10(½)

2.0

125.0

2.004

30

38

784/785

Pico

Monte alto e baixo

– MVMC de Agrolondo, Altodopico, Teilán

Repr.: presidente: Julio Sánchez Carreira

Vales, s/n, Teilán, Bóveda, Lugo

10(½),

11,

12,

13,

14 e 15(½)

10.0

702/80

11.110/803

32

37

140

Langaras

Monte alto e prado

– Manuel Valcárcel Guitián

Penacova, nº 1, 27359 Bóveda, Lugo

16,

17,

18 e 19

15.0

105/391

1.674/3.866

38

455,

457,

458,

459,

774