Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Galicia emprende: o impulso do talento galego e a innovación empresarial como claves para recuperar o crecemento (expediente 02/2013 SX).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 23 e 981 54 55 22.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 02/2013 SX.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: a creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña na cal, baixo a idea de Galicia Emprende, se destaque o papel do talento e da innovación empresarial como claves para recuperar o crecemento económico e do emprego en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e abranguerá ata o 15 de decembro de 2013, e nel desenvolveranse os traballos de creatividade, deseño, produción, inserción en medios e xustificación da campaña.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 429.752,07 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 429.752,07 euros. Importe total: 520.000 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 14 de agosto de 2013.

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos; é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no BOE e no DOG. O importe estimativo máximo do anuncio é de 10,82 euros por liña publicada no DOG e de 22,16 euros por liña no título e 24,62 euros por liña no texto para a publicación no BOE. A publicación no DOUE, polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de xullo de 2013.

12. Outras informacións:

Poden obterse os pregos na páxina: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19226

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 30.4.2009, DOG núm. 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria