Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (91/2013/0001).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento peza de medidas preventivas 91/2013/0001 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Muñiz García contra a empresa Pesquerias Lumar, S.L., Sermarpesca, S.L., Consignaciones Luis Martínez, S.L., Luis Martínez Fernández, Lumar Natural Seafood, S.L., Lumafer, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, ditouse a seguinte resolución (extracto parte dispositiva):

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa solicitude de medida preventiva de embargo preventivo acordando o sobresemento da presente peza separada e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, e que teñen á súa disposición na oficina xudicial todos os documentos e resolucións xudiciais que figuran no procedemento.

E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Sermarpesca, S.L., Consignaciones Luis Martínez, S.L., Luis Martínez Fernández, S.L., Lumar Natural Seafood, S.L. e Lumafer, S.L., por acharse en ignorado paradoiro, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial