Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (91/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 91/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Muñiz García contra a empresa Pesquerías Lumar, S.L., Sermarpesca, S.L., Consignaciones Luis Martínez, S.L., Luis Martínez Fernández, Lumar Natural Seafood, S.L., Lumafer, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución (extracto parte dispositiva):

Parte dispositiva.

Acordo:

– Aprobar a avinza alcanzada entre as partes neste procedemento.

– Ter por desistida a demandante da demanda presentada fronte a Sermarpesca, S.L., Consignaciones Luis Martínez, S.L., Luis Martínez Fernández, Lumar Natural Seafood, S.L. e Lumafer, S.L.

– E arquivar as presentes actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal no libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, e que teñen á súa disposición na oficina xudicial todas os documentos e resolucións xudiciais que constan no procedemento.

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Sermarpesca S.L., Consignaciones Luis Martínez, S.L., Luis Martínez Fernández, S.L., Lumar Natural Seafood, S.L. e Lumafer, S.L., por estar en ignorado paradoiro, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial