Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas do Programa de incentivos ao plan empresarial de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 100, do 26 de maio) relativa aos expedientes TR345B 2008/000224-1 e catro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que estimen oportuna, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de xuño de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2008/000224-1.

Nome ou razón social: Central de Telecontenidos, S.L.

DNI/NIF: B70043302.

Último enderezo coñecido: Copérnico, 3-2º A-4,15008 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000278-1.

Nome ou razón social: Frama Ingenieros, S.L.

DNI/NIF: B15907199.

Último enderezo coñecido: parroquia de Cortiñán, Pg. Bergondo, 19, 15165 Bergondo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000328-1.

Nome ou razón social: Perlada Grupo Inmobiliario, S.L.

DNI/NIF: B15994866.

Último enderezo coñecido: Ángel Rebollo, 53 baixo, 15002 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000332-1.

Nome ou razón social: Iniciativas en Pavimentos, S.L.

DNI/NIF: B15985781.

Último enderezo coñecido: Bergondo, Parc. R-1C, 15165 Bergondo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000700-1.

Nome ou razón social: Confecciones Teruca, S.L.

DNI/NIF: B15724602.

Último enderezo coñecido: Fábrica, 19, 15100 Carballo (A Coruña).