Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 14 de xuño de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00105-O-2013 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 14 de xuño de 2013

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00105-O-2013

9743-FYK

Garda Civil 2701 X17237T

José Manuel Sánchez Fandiño

34888311W

O Cruce de Sesmonde, Barbeito, 66

15807 Vilasantar, A Coruña

Exceso nos tempos máximos de condución bisemanal ata un 20 % (90 horas). Máis de 90 horas.

29.12.2012; 20.05; A-6; 517,00

Artigo 142.3 LOTT, artigo 199.3 ROTT

Artigo 143.1.c) LOTT, artigo 201.1.c) ROTT

301 euros

LU-00313-O-2013

8104-CLM

Garda Civil 2703 Q16547Q

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Ourense, 29

27004 Lugo

Exceso na condución ininterrompida ata o 20 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias. Máis de 5 horas a 5.24 horas.

11.2.2013; 17.30; N-120; 530,00

Artigo 142.3 LOTT, artigo 199.3 ROTT

Artigo 143.1.c) LOTT, artigo 201.1.c) ROTT

301 euros