De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se indica no anexo a resolución da revisión de oficio devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos Edificios Administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.
E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Nº licenza de caza |
Data de expedición |
Nº da revisión de oficio |
Nome do interesado |
2011-1501-0272 |
18.11.2011 |
RRO/DC/2012/00132 |
Miguel Barrul Hernández |