Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (expediente PO.3063, conta 46).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer o domicilio da interesada que se relaciona no anexo, emprázase para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que a interesada compareza na oficina indicada, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 14 de xuño de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Expediente: PO.3063, cta.46.

Nome da interesada: Rosa Stors Costas.

Último domicilio coñecido: rúa Camiño Pasais, bloque 3, portal 2, nº 6, no concello de Vigo.

Nome do titular da vivenda: Antonio Stors Álvarez.

Domicilio da vivenda: rúa Camiño Pasais, bloque 3, portal 2, nº 6, no concello de Vigo.

Indicación do contido do acto: trámite de alegacións no procedemento de cambio de titularidade da vivenda.