Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia nos expedientes sancionadores LU-5/2011 e LU-43/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 27 de xuño de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S. LU-5/2011.

Interesado: Juan Alberto Martínez Lagares.

Último enderezo conocido: O Pedregal, 9-2º B Viveiro.

Acto de notificación: requirimento de execución da resolución do procedemento sancionador.

Expediente: E.S. LU-43/2013.

Interesados: Mª Carmen Valle Abelleira e hdrd. de Carmen Abelleira Pico.

Último enderezo coñecido: Cornubia, 15-1º C, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.