Con data do 15 de maio de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2013010AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a O Forno da Carreira, S.C.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a O Forno da Carreira, S.C. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, Conta contable 840, código 001, ou en Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2013010AL-CO.
Denunciado: O Forno da Carreira, S.C.
DNI/CIF: J15994040.
Último domicilio coñecido: A Carreira 67, baixo. O Sequeiro, 15552 Valdoviño.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 57.2.b) da Lei 33/2011; artigos 50.1.h), 51.2, parágrafo 15, da Lei 17/2011.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 5.001 €.