Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (622/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 622/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Rodríguez Pérez contra a empresa Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Pablo Rodríguez Pérez fronte á mercantil Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec a que aboe á demandante a cantidade de 3.029,45 euros, en concepto de salarios de novembro e decembro de 2009, xaneiro e febreiro de 2010 e liquidación de vacacións, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, inserto o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

A secretaria xudicial