Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (239/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 239/2013 por instancia de Laura del Valle Aguilera Quinteros contra Colonial Trade, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 11 de xuño de 2013 que copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Laura del Valle Aguilera Quinteros contra a entidade Colonial Trade, S.L. e, en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Colonial Trade, S.L. a la demandante.

Condénase a empresa Colonial Trade, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 3.940,20 euros. O aboamento desta indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a esta sentenza ascenden a 5.289 euros, aos cales se deberán engadir os que se xeren ata a súa notificación, a razón de 35,26 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Colonial Trade, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial