Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27504

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN CM 3/2013 do 14 de xuño de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de encargado de equipo de persoal de oficios de mecánica para o Hospital Xeral pertencente á Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

De conformidade co establecido no capítulo VI do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e da Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto vacante de encargado de equipo de persoal de oficios de mecánica para o Hospital Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas do Servizo de Persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 14 de xuño de 2013

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: encargado de equipo de persoal de oficios de mecánica para o Hospital Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

Grupo de clasificación: C2.

Nº de vacantes: 1.