Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27503

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de servizo de Atención Primaria).

Convocada por Resolución do 17 de abril de 2013 (DOG nº 97, do 23 de maio) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de servizo de atención primaria), anunciado por Resolución do 17 de abril de 2013 (DOG nº 97, do 23 de maio).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 12 de xuño de 2013

Mario González González
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinador de servizo de Atención Primaria de Beiramar.

Nome e apelidos: Mª del Pilar Ferreiro Veiga.

DNI: 35418279-G.