Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1138/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1138/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, contra a empresa DP Obras y Servicios, S.L. e outros, sobre seguridade social –reintegro de prestacións–, ditouse sentenza cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutual Midat Cyclops, contra a entidade DP Obras y Servicios, S.L., Instituto Social da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa DP Obras y Servicios, S.L., a que reintegre á Mutua Mutual Midat Cyclops, a cantidade de 987,76 euros, en concepto de prestacións de incapacidade temporal e gastos asistencia sanitaria, aboada por esta aos traballadores Miguel López García e Jorge M. Fariña Facal, consecuencia dos accidentes de traballo sufridos respectivamente o 17.2.2010 e o 3.5.2010, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Social da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica na mesma cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa DP Obras y Servicios, S.L. en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial