Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013 polo que se dá publicidade á modificación do Plan de inspección urbanística para o ano 2013.

Visto o acordo adoptado polo Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, na súa reunión do 14 de xuño de 2013, polo que se aprobou a modificación do Plan de inspección para o ano 2013 (DOG núm. 37, do 21 de febreiro) como consecuencia da aprobación da Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral e de modificación da Lei 22/1988, do 28 de xullo (BOE núm. 129, do 30 de maio), polo que se engade o artigo 14 bis, e de conformidade co disposto no artigo 18.f) dos estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, dispoño a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Artigo 14 bis

Os expedientes tramitados dentro da zona de servidume do dominio público marítimo-terrestre que afecten terreos que poidan acollerse ao establecido na disposición transitoria primeira da Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral e de modificación da Lei 22/1988, a execución forzosa quedará en suspenso sempre e cando a Administración municipal acredite o cumprimento dos requisitos e que solicitou o informe sinalado nos puntos segundo e terceiro da citada disposición.

A suspensión alzarase de existir resolución definitiva e desfavorable do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A acreditación municipal de ter solicitado o citado informe realizarase mediante certificado da secretaría municipal.