Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xuño de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/40/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o día 30 de maio de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Domingo Alonso Facal polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes en construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no lugar do Monte, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística