Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xuño de 2013 pola que se emprazan aos interesados no procedemento ordinario 167/2013 no expediente sancionador e de restitución da legalidade por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre número S-2011/27-P, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 167/2013, interposto por Abedal, S.L., contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente sancionador e de reposición da legalidade número S-2011/27-P, na cal se impón unha sanción como responsable dunha infracción grave polas obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, sen a preceptiva autorización, no lugar da Granxa de Abaixo, Dorrón, concello de Sanxenxo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Construcciones Tofer, S.L., para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística