Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27350

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de xullo de 2013 pola que se dá publicidade ao comezo da actividade administrativa para efectos de rexistro xeral para a documentación dirixida á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no concello de San Cristovo de Cea e dez entidades locais máis.

Constitúe o obxectivo primordial do programa de reforma e modernización da Administración autonómica galega o achegamento da Administración aos administrados como garantía de efectividade dos dereitos que o bloque constitucional lles recoñece na súa relación coas diferentes administracións públicas. Este obxectivo debe comezar polo achegamento físico das oficinas administrativas aos cidadáns, o que redundará, sen dúbida, nunha mellora dos servizos que presta a Administración pública.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que se integrarán no Sistema único de rexistro as entidades da Administración local, sempre que asinen un convenio coa consellería competente en materia de administracións públicas que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Con este obxectivo asinouse o 13 de xullo de 2010 un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o desenvolvemento da Administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de lles garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos, de xeito que as entidades locais adheridas ao convenio rexistrarán as solicitudes, escritos e comunicacións que os cidadáns dirixan aos órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Mediante resolucións do 20 de marzo de 2012 e do 14 de marzo de 2013 o director xeral de Administración Local acorda prestar conformidade ás solicitudes de adhesión ao citado convenio formuladas polos seguintes concellos e entidades locais:

Concello de San Cristovo de Cea.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento Provincial da Coruña.

Mancomunicade Turística dos Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro.

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño.

Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte.

Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza.

Mancomunidade do Val Miñor.

Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela.

Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

Tendo en conta a adhesión das novas entidades locais ao convenio subscrito e a exixencia do artigo 2.2 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, esta orde ten por obxecto dar publicidade ao comezo da actividade administrativa, para efectos de rexistro xeral para a documentación dirixida á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades locais referidas no punto anterior.

Por todo isto, e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á adhesión ao convenio do 13 de xullo de 2010 entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fegamp dos concellos e entidades locais que se relacionan a seguir:

– Concello de San Cristovo de Cea.

– Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento Provincial da Coruña.

– Mancomunicade Turística dos Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro.

– Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

– Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño.

– Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte.

– Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza.

– Mancomunidade do Val Miñor.

– Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela.

– Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

– Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

Artigo 2

De conformidade co establecido no convenio de colaboración subscrito o 13 de xullo de 2010 entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fegamp, as entidades locais adheridas ao convenio rexistrarán as solicitudes, escritos ou comunicacións que os cidadáns dirixan aos órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos do establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común, e os asentos realizados terán plena eficacia.

Artigo 3

As oficinas de rexistro das entidades locais as que fai mención o artigo anterior desempeñarán as funcións que no dito artigo se conteñen, dentro do horario que con carácter xeral rexa para aquelas en cada caso e nos locais destinados ao rexistro xeral aberto ao público en cada concello ou entidade local.

Disposición final primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición final segunda

Se faculta á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar as normas precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición final terceira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza