Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 20 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso extraordinario de revisión REV/AU/2011/00013, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na rúa Sevilla, 9, 3º D, 36203 Vigo (Pontevedra), a resolución que desestima o recurso extraordinario de revisión número REV/AU/2011/00013, formulado contra a resolución do director xeral de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo:

Non admitir o recurso extraordinario de revisión número REV/U/2011/00013 interposto por Margarita Sarmiento Pérez contra a Resolución do 4 de maio de 2004, do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a resolución do director xeral de Urbanismo, do 28 de xaneiro de 2004, que declara ilegalizables as obras de construción de edificación en pedra de perpiaño, promovidas por Jesús Fernández Bouzada, localizadas na rúa Igrexa, da parroquia de Camos, no termo municipal de Nigrán, ao resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e ordena a súa demolición á custa do interesado, coa prohibición definitiva dos usos a que desen lugar, para o que se fixou un prazo máximo de dous meses.

Contra esta resolución, que é firme en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, de conformidade co artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas