Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4907/2012 e 4920/2012 contra a Resolución do 27 de xuño de 2012 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Marín (Pontevedra).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4907/2012 interposto por Compañía Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul e 4920/2012 interposto por Antonio Alberto Calvar Carballo Pérez del Río contra a Resolución do 27 de xuño de 2012 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Marín (Pontevedra).

Para os efectos de cubrir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 26 de febrero de 2013.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas