Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de limpeza no centro do Issga na Coruña (expediente PA 2/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 2/2013.

2. Obxecto do contrato.

Servizo de limpeza no edificio do centro do Issga na Coruña, sito na rúa Doutor Camilo Veiras, nº 8, 15006 A Coruña.

3. Prazo de execución.

2 anos (data previsible de inicio do contrato o 1 de outubro).

4. Admisión de prórroga.

Poderase prorrogar anualmente ata un máximo de 2 anos.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto e multicriterio. Os criterios de adxudicación recóllense na cláusula 5 do PCAP.

6. Orzamento base de licitación: 70.000 €, máis 14.700 € (IVE). Total: 84.700 €.

7. Garantía.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

Servizo de Administración Xeral do Issga. Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 881 99 93 34, fax: 881 99 94 33. Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

9. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19104

10. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: non será exixible a clasificación aos empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, ben que deberán acreditar a súa solvencia de conformidade co indicado na cláusula 4.7 do PCAP.

11. Presentación de proposicións.

a) Data límite: décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 4 do PCAP.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama. Esta notificación cursarase ao Servizo de Administración Xeral do Issga referido no punto 8.

12. Apertura das ofertas: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n (planta 0), ás 10.00 horas do oitavo día natural seguinte ao do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

13. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral