Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a apertura de local destinado a exposición e venda de materiais de construción nunha nave situada na parroquia de Almeiras.

Almacenes Begol, S.L. solicitou unha licenza municipal para a apertura de local destinado a exposición e venda de materiais de construción nunha nave situada na avenida de Almeiras, nº 19, da parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 5 de xuño de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo