Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1397/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1397/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Seoane Sobrado contra a empresa Bergondo Trucks, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decido.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María del Carmen Seoane Sobrado fronte á empresa Bergondo Trucks, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena á empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise o traballador ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 4.620,94 euros (catro mil seiscentos vinte euros con noventa e catro céntimos).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a data de notificación desta sentenza, calculados a razón de 49,29 euros diarios, e que ata a data desta sentenza ascenden a 8.182,47 euros.

3. A empresa deberá aboar, así mesmo, á traballadora a cantidade de 16.013,94 euros por salarios debidos.

4. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846), a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1397 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado co número 1533 0000 60 1397 12, a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Bergondo Trucks, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de maio de 2013

O secretario xudicial